Memo ‘A natureza no Camiño de Santiago’

18,00

Categoría:

Sinopse

Un divertido xogo de memoria para coñecer máis sobre a flora e a fauna de Galicia. Sabes o que é unha lontra? Sabes identificar a follaxe dun bidueiro?

A partir de 3 anos.

Co patrocinio do Programa O Teu Xacobeo.

O prezo de venda é recomendado.

 

COMO SE XOGA

Número de xogadores: Até catro.

Obxectivo: Formar o maior número posible de parellas.

Material do xogo: 32 fichas.

Preparación: Colocar ao chou todas as fichas boca abaixo aliñadas en columnas e filas.

O xogo: Xógase por quendas. O primeiro xogador (o máis novo) dálles a volta a dúas fichas e amósallas ao resto de xogadores. Se as dúas fichas forman unha parella gárdaas e continúa a xogar até que non consiga formar outra parella. Se non consegue ningunha parella vólveas colocar boca abaixo no mesmo lugar no que estaban. Pásase a vez; o seguinte xogador dálles a volta a dúas cartas máis e pode relacionalas entre si ou coas que xa se amosaran anteriormente co fin de formar unha parella. O xogo finaliza cando acaban as cartas. O vencedor é o xogador que deu feito o maior número de parellas.

Ficha Técnica

Autor/a

Jorge Campos