Sinopse
Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza… vaia, o normal. Mais quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger? Vaia palabra tan rara e tan mal entendida!
Velaquí a historia dunha nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura.
Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata, coas ferramentas da ficción, as vivencias das nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día.
Coa compra deste exemplar fas unha doazón de 1 euro á Asociación Limisi para a promoción das persoas con diversidade funcional.
Ademais, doas tamén 1 euro para o Grupo de Teatro Aneis.
A nena do vestido de flores en RTVE.
A Maruxa e mais o Manuel Fontemoura contan como naceu a aventura deste libro.
A Maruxa e mais o Manuel Fontemoura contan como naceu a aventura deste libro.
⏺️ #ASPERGER | Un trastorno do espectro autista que en Galicia afecta a 27.000 persoas | Unha delas é Maruxa, unha escolar ourensá que convenceu a un dos seus mestres para que contase a súa vida nunha novela | @bobillotve | https://t.co/ao9EEq1HmY pic.twitter.com/eAlZc0DZJS
— RTVEGalicia (@RTVEGalicia) February 18, 2021