Vidas imaxinarias

24,90

Sinopse

Un clásico da literatura francesa. Un libro que creou todo un xénero: o da biografía literaria, máis rica, máis ambiciosa, máis divertida, máis evocadora. Ao longo dos séculos, Marcel Schwob vai procurando a esencia das paixóns da humanidade mediante unha poderosa imaxinación e un xeito de escribir baseado na beleza, na claridade e na destreza no uso dos recursos narrativos. Personaxes reais e inventados que conseguen grazas a esta obra un lugar perenne na eternidade.

«En todas as partes do mundo hai devotos de Marcel Schwob que constitúen pequenas sociedades secretas» (Jorge Luis Borges).

«Schwob é un dos escritores venerados pola clase dos aventureiros pasivos, e os seus devotos parécense aos do satanismo, que en diversas circunstancias recorren ás invocacións máis suxestivas da nigromancia» (Pierre Mac Orlan).

Velo na Aira das Letras

Ficha Técnica

Autor

Marcel Schwob (1867-1905).
Un dos máis importantes escritores en lingua francesa de todos os tempos a pesar de ter escrito poucas obras. Está considerado un dos renovadores da literatura de aventuras. Discípulo de Robert Louis Stevenson, a súa narrativa destaca pola imaxinación, a precisión do seu estilo e a capacidade de evocación. Dise del que é un lector metido a escritor e de aí que conecte tanto cos lectores máis ávidos, aqueles que están a descubrir todas as posibilidades da literatura como xeito de vivir máis vidas que a propia vida. A súa obra cumio é Vidas imaxinarias, agora publicada por Aira. Outros dos seus libros máis recoñecidos son A Cruzada dos nenos e O libro de Monelle.

Ilustracións

David Rubín, Chus Rojo, Simón Blanco, Santiago Sequeiros, Óscar Villán, Javier Olivares, Isabell Seidel, Nuria Díaz, Alberto Guitián, Pedro Rodríguez, Pablo Otero, Fernando Ruibal, Carlos Arrojo, Xulia Vicente, Dani Padrón, Marcos Viso, Meli Molita, Iria Fafián, Jose Domingo, Xulia Pisón, Nuria Tamarit, Víctor Rivas.
Tradución do francés: Samuel Solleiro.

Limiar

Xosé Miranda

Ano

2017

Tapa

Dura. Edición ilustrada. 16 x 22

Velo na Aira das Letras

http://tenda.airadasletras.gal/ga/libro/vidas-imaxinarias_38571

ISBN

978-84-947807-0-7