Alfredo Conde

(Allariz, 1945). Estudou Náutica e Filosofía e Letras. Doutor honoris causa pola Universidade Trobe de Melbourne. Cabaleiro das Ordes e das Letras da República francesa. Escribiu até agora dezanove novelas, tres libros de poesía, dúas obras de teatro e guións de televisión, contos… Premio Nacional de Literatura. Premio Cavour. Premio Nadal e Premio da Crítica Española e da Crítica de Galicia en varias ocasións, entre outros méritos. Foi conselleiro de Cultura e deputado no Parlamento.

Obras do autor