Protección de datos

De conformidade co disposto no artigo 5, apartado 1 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter Persoal, informámolo dos seguintes termos:

Responsable do ficheiro

Os datos dos responsables dos ficheiros nos que se incluirán datos persoais recolleitos e tratados desde esta plataforma online e formularios de suscripción son:

Aira Editorial S.L., Praza Torre Lombarda, 1 baixo, 32660, Allariz (Ourense), 988 680 892, info@airaeditorial.gal. Aira Editorial en diante.

Usos e finalidades dos datos recolleitos

Os datos que nos facilite a través desta plataforma en liña e formulario de subscrición formarán parte de ficheiros, titularidade de Libraría Aira das Letras, Punto e Coma e Galería Circular, sendo as finalidades as que se detallan a continuación:

  • Xestión de venda: Cando adquire un produto a través da nosa web, os datos facilitados nos apartados “datos de envío” e “datos de facturación”, no seu caso, utilizaranse para realizar a tramitación e xestión da venda e a súa posterior facturación. Así mesmo, os datos facilitados a través do formulario “Pedidos especiais” utilizaranse igualmente para tramitar a súa solicitude de pedido especial.
  • Realizar ofertas, promocións e sorteos: A información que Vd. nos proporcione a través dos nosos formularios de recollida de datos, poderá ser utilizada para a organización de promocións e sorteos de produtos comercializados a través da nosa páxina web. Cada promoción, oferta ou sorteo contará coas súas propias condicións particulares.
  • Envío de Información: A libraría utilizará os datos persoais que o usuario proporcione no apartado “Contacte connosco” para responder as solicitudes de información que nos solicite. A información introducida nos formularios ou correos electrónicos de contacto empregarase ademais, para enviarlle información de interese sobre as novidades dos produtos comercializados, así como promocións, concursos e ofertas realizadas pola libraría. Esta información envíase por vía postal e/ou electrónica. Os usuarios que non desexan recibir este tipo de información poden comunicalo á dirección de correo electrónico: info@airaeditorial.gal.
  • Xestión de Usuarios: A información que nos proporcione no formulario de rexistro “A miña conta” será utilizada para a xestión de clientes e usuarios que utilicen os nosos servizos a través da páxina web. A redacción dos respectivos cuestionarios será obrigatoria para alcanzar os respectivos obxectivos, non sendo posible alcanzar os fins indicados sen a obtención da referida información persoal.

Comunicación de Datos a Terceiros

Os Responsables dos Ficheiros teñen prevista a comunicación dos seus datos persoais a terceiros nos supostos que se detallan a continuación:

  • Por disposición legal: Os seus datos serán comunicados a terceiros nos supostos nos que unha disposición legal así o estableza (administracións públicas, autoridades administrativas ou xudiciais, etc.).
  • Xestión de pagamentos e cobramentos: Os seus datos persoais serán comunicados a terceiros cando resulte necesario para formalizar e xestionar o pago dos produtos ou servizos adquiridos (paypal, entidades bancarias ou caixas de aforros).
  • A terceiros necesarios para a prestación dos nosos servizos: comunicaranse a terceiros (administracións públicas, rexistros oficiais ou outros profesionais como notarios, etc) os datos de carácter persoal que resulten necesarios para prestar os servizos contratados.

Confidencialidade

Os responsables (Aira das Letras) obríganse, de acordo co que establece o artigo 10 LOPD, a gardar segredo respecto dos datos persoais tratados, aínda despois de finalizada a relación comercial entre ambas as partes, debendo estender esta obrigación a todo o persoal das súas organizacións que accedan aos devanditos ficheiros.

Exercicio de Dereitos

Informámolo do dereito que lle asiste para exercer os seus Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío da solicitude de exercicio correspondente xunto con copia do documento oficial que o identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) á dirección de de o Responsable do Ficheiro. Para solicitar información sobre a forma de exercer estes dereitos Vd. pode dirixirse á páxina web da Axencia Española de Protección de Datos: www.agpd.es