Pilar García Rego e o resto do equipo do ‘Zig-Zag’ da TVG2 recibiu o director de Aira editorial, César Lorenzo Gil, neste espazo referente da información cultural en galego.
Prensa
‘Vidas imaxinarias’, no ‘Fugas’ de ‘La Voz de Galicia’
Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob
Marcel Schwob
Vidas imaxinarias (tradución de Samuel Solleiro)
Aira, Allariz, 184 páxinas, 24,90 €, 2017.
Hai poucas datas botou a andar un novo proxecto editorial que, sen dúbida, cómpre saudar. Baixo o nome de Aira, “da man da experiencia lectora e lletraferit da libraría (allaricense) Aira das Letras”, lánzase ao mercado con tres títulos diferentes: Alter-Nativo, un suxestivo cómic de Jorge Campos, sen palabras e con múltiples niveis de lectura; o libro de poemas Curiosidade que, desde o título, convida a internarnos na estética singular de Estíbaliz Espinosa e mais estas Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob.