Sobre Nós

Nós

Aira Editorial é unha fábrica de soños. Un punto preciso onde a imaxinación se converte en belezas de papel. Publicamos libros bonitos, interesantes, que namoren desde a capa até a derradeira liña. Aira Editorial naceu en Allariz no 2017 da man da experiencia lectora e lletraferida da libraría Aira das Letras.

Primeiro fomos lectores para logo converternos en editores. No noso catálogo atoparás poesía, narrativa, divulgación e ensaio, libros infantís, álbumes illustrados. Tamén cómic e clásicos reeditados.

Dámoslle moita importancia ao contido dos libros, claro, mais tamén ao libro-obxecto. Esforzámonos porque o deseño e imaxe de cada obra estean á altura do texto, axuden á lectura e fagan que a persoa que le se envolva no fascinio que sempre nos provoca un libro ben feito.