Obradoiro Estíbaliz Espinosa

Encontro(s) Ciencia e Literatura

Se o coñecemento poético e o científico levan dándose a man tanto tempo, démoslles tamén a palabra e o espazotempo. Pode artellarse ben como unha charla/conferencia soa, que incluiría un pequeno recital de textos literarios (de Curiosidade e doutros libros e tamén outras autoras), así como a proxección dun vídeopoema, ou ben como charlas a dúo con outras persoas dos ámbitos artístico, literario e científico.

Propostas:

  • Rosalía de astros. Un seguemento do ceo e a natureza na obra rosaliana.
  • Un entrelazamento: astronomía e poesía.
  • Un entrelazamento: física e poemas.
  • Esa curiosidade túa.

Autora: Estíbaliz Espinosa

Público obxectivo: mocidade e adultos

Duración: entre 50-80 minutos

Tarifa: 300€ brutos por persoa (impostos incluídos/gastos de desprazamento aparte)

Unha referencia a “Encontro(s) Ciencia e Literatura

Os comentarios están pechados.