Obradoiro de iniciación á banda deseñada

Obradoiro de iniciación á banda deseñada dirixido a quen toma por primeira vez contacto co medio, así como a aqueles que queiran redescubrir as bases sobre as que se asenta esta arte.

Autor: Jorge Campos

Público obxectivo: entre os 6 e os 12 anos (primaria).

Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 30 participantes (unha clase de primaria).

Duración: 6090 minutos.

Intendencia do relator:

Non se necesita ningún material por parte do relator (puntualmente, poderían achegarse unhas fotocopias dun modelo con viñetas para que elaboren unha banda deseñada).

En canto ó centro ou lugar onde se vaia impartir o obradoiro, necesítase un espazo ben iluminado e cómodo, con mesas amplas para debuxar e, preferiblemente, un proxector para expor a parte teórica e as actividades.

Os materiais a empregar serán fundamentalmente útiles de debuxo (lapis, goma, bolígrafo, pilot, cores, etc) e papeis convencionais ou caderno de bosquexos.

Tarifa: 300€ (actividade exenta de IVE).

Outros gastos:

  • Desprazamento incluído.
  • O material teno que aportar o alumno ou centro.

Unha referencia a “Obradoiro de iniciación á banda deseñada

Os comentarios están pechados.