Neste obradoiro daranse a coñecer os diferentes animais do bestiario románico e asociados ao Camiño de Santiago. Aprenderemos sobre o seu significado e a súa finalidade para, tras a explicación, traballar por equipos para crear un bestiario de monstros propios.
Impartido por: Xeitura
Público obxectivo: primaria e ESO.
Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 35 participantes.
Duración: 75 minutos (adaptable ás necesidades do centro)
Intendencia do relator:
Proxector, mesa e cadeiras (a actividade pódese realizar nunha aula)
Tarifa: 330€ (IVE incluído).
Outros gastos:
- Desprazamento 0,20€/Km + IVE
- O material está incluído.