Descripción

Bieito Iglesias retorna ao universo da súa popular obra Miss Ourense. Con moita retranca e un dominio absoluto das técnicas narrativas do xénero, o autor constrúe unha novela negra, que non policial, áxil e chea de humor.

O inspector de policía Benito Marañao ten a misión de desenguedellar o misterio da desaparición dunha muller que ten na brasa a cidade de Ourense. Está a actuar unha seita perigosa á beira do Miño? Está a actuar un asasino en serie?

Guías caninos serve, ademais, para consolidar o ourensao literario, que toma da lingua oral toda a súa expresividade viva e se converte en arte.

 

Información adicional

Ilustracións

Xulio Gayoso

Tapa

Rústica

Medidas

15×21

Páxinas

124

ISBN

9788494780745

Prezo

17,00

Oferta

9,00

Venda exclusiva mecenas

non