Edgar Allan Poe circa 1849 restored squared off

Edgar Allan Poe

(1809-1849). Escritor, xornalista, crítico literario. Está considerado un dos máis grandes escritores da historia da literatura e considérase pai non só da literatura moderna estadounidense, senón da concepción contemporánea dos xéneros populares narrativos (novela policial, novela de terror…). Cultivou especialmente o relato curto e a poesía, e foi un mestre na creación de atmosferas literarias. O relato de Arthur Gordon Pym foi a súa única novela.

Obras do autor

O relato de Arthur Gordon Pym
Ler máis...

orriols

Marta Orriols

Marta Orriols (Sabadell, 1975) formouse como historiadora da Arte. Vive e traballa en Barcelona, ocasionalmente como lectora editorial e escribindo para algúns medios culturais. Entusiasta da literatura anglosaxoa, encargouse da edición do libro Objeto de amor, de Edna O’Brien (Lumen, 2018). Debutou como escritora co libro de contos Anatomia de les distáncies curtes (Periscopi, 2016), que xunto coa novela Aprender a falar coas plantas (Aira, 2022) —Premio Òmnium á mellor novela do ano 2018—, Dolça introducció al caos (Periscopi, 2020) e A posibilidade de chamarlle casa, recibiu o aplauso do público e os eloxios da crítica. A súa obra foi traducida a dezasete linguas, incluídas o francés, o italiano, o inglés, o árabe e o chinés. Ler máis...

toni

Antonio Seijas

Ares, 1976. Historiador da Arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. Publicou catro novelas gráficas: Un hombre feliz, gañadora do Certame Castelao e premio do público ao Mellor Guión no Saló del Cómic de Barcelona e tamén foi adaptada a formato radio-teatro pola Radio Nacional Eslovena; Cartas de Inverno, Premio Isaac Díaz Pardo ao Mellor Libro Ilustrado pola Asociación Galega de Editores LA LUZ, nominada a Mellor Obra Nacional en Expocómic e A CHAIRA, galardoada co Premio á Mellor Libro de Banda Deseñada do ano na Gala do Libro Galego 2020. Fai traballos de ilustración para literatura infantil e xuvenil, para revistas, xornais… leva feitas dúcias de portadas de libros, capas e libretos de discos para grupos como Marillion, Luar Na Lubre, etc Logos como os da Fundación de David Lynch e ilustracións para series como La que se avecina. Diversas exposicións de pintura e ilustración: Ramses by Philippe Stark , Madrid; Galería Sargadelos Ferrol, Sala de Exposicións de San Martiño Pinario en Compostela, etc. Comisariou a exposición do 30º Aniversario de Luar Na Lubre para os que tamén realizou as sesión de fotos oficiais. No 2019 publicou a súa primeira novela xuvenil O Soño da Serpe. Ler máis...

Foto CV Aranzazu Estevez

Arancha Estévez

Forma parte da primeira promoción de xornalistas formadas en Galicia, na facultade da
Universidade de Santiago de Compostela, centro de ensino que foi o obxecto de estudo da súa
tese de doutoramento lida no 2012. Dedícase desde o 2003 á comunicación no ámbito da
cultura. Antes, exerceu o xornalismo colaborando con diferentes medios e, fundamentalmente,
entre o 1993 e o 2002 como parte da redacción do semanario A Nosa Terra. Na mesma editora
do xornal publicou no 1999 a biografía da actriz María Casares que abre a colección ‘Mulleres’,
xunto a outro título dedicado á artista Maruxa Mallo, da autoría de Carme Vidal. Unha colección
editorial nacida coa vontade de divulgar biografías de mulleres galegas, de enorme relevancia e
cunha gran riqueza na construción do seu relato vital, pero tristemente descoñecidas para o
público. Achegarse hai vinte e tres anos á vida e obra de María Casares levouna a xornadas,
conferencias e publicacións diversas. A nivel persoal, a figura de María Casares segue sendo
referente e permanente inspiración. Ler máis...

edicion correccion 1

Edición e corrección de estilo, lingüística e ortotipográfica

Temos profesionais que poden axudarche a mellorar a túa obra de ficción, con experiencia en creación, edición e crítica literaria. Traballamos cóbado con cóbado co autor para tirar o máximo partido á súa imaxinación e historia. Relatos, novelas, poesía, ensaio, guións para cómic…

Tamén corriximos orixinais, eliminando grallas relativas á lingua (en castelán e galego) ou ao estilo e puntuación.

Ofrecemos servizo de consultoría artística sobre ilustración (álbum ilustrado, cómic…). Contamos con profesionais de grande experiencia na dirección de arte e na ilustración editorial. Ler máis...

desenvolvemento contidos 1

Desenvolvemento de contidos

En Aira editorial podemos crear os contidos que necesites. Temos profesionais da Comunicación con experiencia en Xornalismo, Historia e Documentación.

  • Documentación para proxectos editoriais, pedagóxicos, para exposicións ou monografías.
  • Creación literaria.
  • Redacción xornalística e xestión de medios de comunicación.
  • Ilustración (libros de texto, revistas, exposicións, monografías…).
producion editorial 1

Produción editorial

En Aira editorial ofrecemos os seguintes servizos de produción editorial

  • Maquetación de catálogos, revistas e libros.
  • Ilustración e deseño artístico de portadas e interiores.
  • Impresión dixital baixo demanda (desde 4 exemplares).
  • Impresión ofset.
Animais miticos POSTER 1

Romaniqueando

Neste obradoiro daranse a coñecer os diferentes animais do bestiario románico e asociados ao Camiño de Santiago. Aprenderemos sobre o seu significado e a súa finalidade para, tras a explicación, traballar por equipos para crear un bestiario de monstros propios.

Impartido por: Xeitura

Público obxectivo: primaria e ESO.

Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 35 participantes.

Duración: 75 minutos (adaptable ás necesidades do centro)

Intendencia do relator:

Proxector, mesa e cadeiras (a actividade pódese realizar nunha aula) Ler máis...

Historia Galicia Pequenina Portada

Os galaico-romanos

Como viviron os nosos antepasados? Como eran as casas na cultura castrexa? E os poboados? Que materiais empregaban? E se probamos nós a construír?
Descubramos o noso pasado e a nosa historia dun xeito dinámico e mais rigoroso.

Infantil e primaria: mediante dramatización e réplicas mostrarémoslles como eran os nosos antepasados para, posteriormente, realizar eles o seu propio debuxo castrexo.

ESO e Bacharelato: Con 50 réplicas explicarémoslles aos rapaces algúns aspectos de ambas culturas, e como mediante os restos arqueolóxicos e as fontes escritas os arqueólogos e historiadores estudan o noso pasado. Ler máis...

portada macedonia obradoiro

Macedonia de versos

Empregando os versos do libro, achegarémoslles aos mais cativos o mundo das froitas e ensinarémoslles a importancia dunha alimentación sa e variada creando a nosa propia macedonia.

Impartido por: Xeitura

Público obxectivo: Infantil e Primaria.

Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 30 participantes.

Duración: 60 minutos

Intendencia do relator:

Unha sala con mesas.

Unha mesa para os materiais da actividade e para o proxector

Tarifa: 350€ (IVE incluído).

Outros gastos:

  • Desprazamento: 0,20€/Km + IVE
  • O material está incluído.
  • Ler máis...

    Historia Galicia Pequenina Portada

    Pintar en feminino

    Obradoiro para falar e experimentar sobre a prehistoria. Aprenderemos sobre o legado artístico que nos deixaron os antepasados, as pinturas rupestres. Con que, como, quen pintaba? Que se pintaba? Sentirnos por un momento como mulleres e homes da prehistoria.

    Impartido por: Xeitura

    Público obxectivo: Primaria e ESO.

    Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 30 participantes.

    Duración: 75 minutos (adaptable ás necesidades do centro)

    Intendencia do relator:

    Proxector, mesas e cadeiras (a actividade pódese realizar nunha aula). Ler máis...

    Historia Galicia Pequenina Portada

    A cerámica

    As arqueólogas atopan, na gran maioría dos casos, anacos pequenos de cerámica, pero que información lles dá? Como saben quen as fixo e cando? E se investigamos un pouco para facer a nosa vasilla. E se unha arqueóloga che responde a todas estas preguntas, invítala?

    Impartido por: Xeitura

    Público obxectivo: Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato

    Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 35 participantes.

    Duración: 75 minutos (adaptable ás necesidades do centro)

    Intendencia do relator:

    Proxector, mesas e cadeiras (a actividade pódese realizar nunha aula). Ler máis...

    portada carriandola obradoiro

    Carriandola

    Primaria: comentario do cómic Carriandola desde unha perspectiva patrimonial para logo realizar un obradoiro no que realizaremos un xoguete que non precisa electricidade e que foi o orixe do cine: un traumatopo.

    Secundaria: Comentario crítico de diferentes apartados reflectidos no cómic. Mediante unha dinámica grupal analizaremos a sociedade, os contidos morais e culturais reflectidos na historia e nas personaxes.

    Impartido por: Xeitura

    Público obxectivo: ciclo de Primaria e ESO.

    Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 35 participantes. Ler máis...

    Mecenas 2023 - A dama de branco

    A dama de branco, obra pioneira da novela negra, por fin en galego nos Clásicos IIustrados de Aira Editorial

    Escrita por Wilkie Collins e editada orixinariamente por Charles Dickens entre 1859 e 1860, será traducida por Isaac Xubín e ilustrada por Juan Berrio
    A editorial de Allariz lanza unha campaña de mecenado para facer a comunidade lectora parte do proxecto

    Cada semana, a revista All the Year Round , dirixida por Charles Dickens, distribuía cen mil exemplares en Reino Unido. Nas súas páxinas publicouse serializada, entre finais de 1859 e a primavera de 1860, a novela A dama de branco (The Woman in White) do seu amigo e admirado escritor Wilkie Collins. Considerada unha das primeiras novelas de misterio, precursora do xénero negro, da historia da literatura; adorada por autores como T. S. Eliot ou Jorge Luis Borges; adaptada aos escenarios teatrais en múltiples ocasións e levada á pantalla desde os anos do cinema mudo ata hoxe en día —a última produción, unha serie da BBC vista por millóns de británicos en 2018—, A dama de branco por fin poderá ser lida en galego. Dentro do seu proxecto “Clásicos Ilustrados”, Aira Editorial aposta para este ano 2023 por unha obra magna e, malia o paso do tempo, extraordinariamente popular en todo o planeta. O libro chegará ás librarías con tradución de Isaac Xubín e co traballo ilustrador de Juan Berrio. A editorial de Allariz lanza unha campaña de mecenado para envolver á comunidade lectora neste acontecemento literario. Ler máis...

    logo xeitura

    Xeitura

    Dende 2012 ofrecemos Servizos Culturais, Medioambientais e de Ocio. Traballamos no ámbito da economía social para un heteroxéneo e amplo abano de clientes, dende a administración pública ou entidades sen ánimo de lucro e fundacións, ata outras empresas, entidades privadas ou particulares.

    Atendendo as tres grandes áreas de actuación aceptadas na Xestión Patrimonial ofrecemos un amplo catálogo de servizos, que abarcan dende a xestión básica (investigación e protección) ata a xestión aplicada (difusión). Para isto contamos con convenios de colaboración cun amplo número de profesionais, empresas e institucións que nos permiten ofrecer un servizo de xestión integral de proxectos adaptado ás necesidades de cada cliente. Ler máis...

    Animais miticos POSTER 1

    Curso de iniciación á banda deseñada

    Curso de Iniciación á banda deseñada dirixido a quen toma por primeira vez contacto co medio, así como a aqueles que queiran redescubrir as bases sobre as que se asenta esta arte.

    A finalidade da banda deseñada é contar historias, polo que o obradoiro centrarase en coñecer e traballar os mecanismos narrativos e aspectos esenciais propios do proceso creativo dun cómic.

    Non se trata dun obradoiro para aprender a debuxar, aínda que tamén se dean certas pautas para traballar este aspecto, polo que non será necesario un nivel mínimo de debuxo para realizar o curso. Ler máis...

    Obradoiro de iniciación á banda deseñada

    Obradoiro de iniciación á banda deseñada dirixido a quen toma por primeira vez contacto co medio, así como a aqueles que queiran redescubrir as bases sobre as que se asenta esta arte.

    Autor: Jorge Campos

    Público obxectivo: entre os 6 e os 12 anos (primaria).

    Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 30 participantes (unha clase de primaria).

    Duración: 6090 minutos.

    Intendencia do relator:

    Non se necesita ningún material por parte do relator (puntualmente, poderían achegarse unhas fotocopias dun modelo con viñetas para que elaboren unha banda deseñada). Ler máis...

    Historia Galicia Pequenina Portada

    Presentación ou charla de libro publicado

    Presentación ou charla de libro publicado

    Autor: Jorge Campos

    Público obxectivo: entre os 6 e os 16 anos (Primaria e Secundaria).

    Número máximo de asistentes: grupo de 30 a 60 participantes (varias clases de Primaria ou Secundaria).

    Duración: 6090 minutos.

    Intendencia do relator:

    Non se necesita ningún material por parte do relator. Ocasionalmente, poderá levar material propio para amosarlles aos alumnos (libros publicados, ilustracións orixinais, utensilios, etc).

    En caso de que sexa unha presentación, o centro ou lugar onde se vaia impartir deberá dispor dun proxector para expor a presentación nunha pantalla. Ler máis...

    Macedonia de versos - Poemagosto Lidia Nokonoko

    Dinamización cultural

    En Aira editorial traballamos cun amplo equipo de profesionais da literatura e da ilustración, de recoñecido prestixio e con ampla experiencia.

    Contacontos, obradoiros artísticos, presentacións, conferencias... Para centros educativos, asociacións, clubs de lectura, ludotecas e outros espazos que precisan dinamizar a súa actividade con propostas atractivas, vinculadas ou non aos títulos do noso catálogo.

    Escríbenos para pedirnos orzamento.

    BEATRIZ CABALEIRO - contacontos

    JORGE CAMPOS - Obradoiros gráficos

    MIGUEL ROBLEDO - Clínic sobre ilustración para profesionais

    MANUEL VEIGA TABOADA - Conferencias sobre historia universal

    Obradoiro Fon

    Gazafellos na biblioteca

    Farán o carné da biblioteca, aprenderán a buscar e coller un libro. E aprenderán a adaptar un libro a banda deseñada usando como exemplo o da illa do tesouro que sae na banda deseñada “gazafellos”

    Autor: Fonso Barreiro (Fon)

    Público obxectivo: entre os 9 e os 14 anos.

    Número máximo de asistentes: 30 participantes.

    Duración: 90 minutos.

    Tarifa: 250€ (actividade exenta de IVE).

    Outros gastos:

    • Desprazamento incluído.

    Obradoiro Fon

    Aprende a facer xogos cos Gazafellos

    A partir duns modelos, faremos diferentes xogos personalizados (xogo da oca, do parchís, do xadrez, das escaleiras etc…)

    Autor: Fonso Barreiro (Fon)

    Público obxectivo: entre os 9 e os 14 anos.

    Número máximo de asistentes: 30 participantes.

    Duración: 90 minutos.

    Tarifa: 250€ (actividade exenta de IVE).

    Outros gastos:

    • Desprazamento incluído.

    Obradoiro Fon

    Aprende banda deseñada cos gazafellos

    Aprenderán a deseñar personaxes e como se fai unha banda deseñada (trucos de guión e narrativa e como nacen as historias)

    Autor: Fonso Barreiro (Fon)

    Público obxectivo: entre os 9 e os 14 anos.

    Número máximo de asistentes: 30 participantes.

    Duración: 90 minutos.

    Tarifa: 250€ (actividade exenta de IVE).

    Outros gastos:

    • Desprazamento incluído.

    beatriz cabaaleiro obradoiro

    Aprende galego-inglés con Clover

    Contacontos + preguntas á autora + xogo da baralla de cartas de Clover. Actividade para á dinamización a lectura e para educación en valores. Tamén aprenden sobre a diversidade lingüística a través de gamificación.

    Autora: Beatriz Cabaleiro

    Público obxectivo: entre os 6 e os 12 anos.

    Número máximo de asistentes: 30 participantes.

    Duración: 175 minutos.

    Intendencia do relator:

    Unha sala ben iluminada, cadeira e mesas para o traballo cooperativo dos asistentes.

    Tarifa: 180€ (IVE incluído). Ler máis...

    Obradoiro Estíbaliz Espinosa

    Poesía e ciencia: Escrita no ceo.

    Un espazo para coñecer como os poemas, malia non caer no ceo, si miran moitas veces a el. E non só: a poesía é un lugar onde a lingua é tan libre que se anticipa a moitas cuestións. A poesía é o lugar natural da música e da linguaxe das crianzas e da mocidade, malia que ás veces se nos esqueza. Neste obradoiro xogaremos coas palabras e deixaremos que xoguen con nós e nos observen, coma telescopios.

    Autora: Estíbaliz Espinosa

    Público obxectivo: rapaces ou mozos

    Duración: 50-60 minutos

    Tarifa: 300€ (os gastos de viaxe van aparte) Ler máis...

    Obradoiro Estíbaliz Espinosa

    Encontro(s) Ciencia e Literatura

    Se o coñecemento poético e o científico levan dándose a man tanto tempo, démoslles tamén a palabra e o espazotempo. Pode artellarse ben como unha charla/conferencia soa, que incluiría un pequeno recital de textos literarios (de Curiosidade e doutros libros e tamén outras autoras), así como a proxección dun vídeopoema, ou ben como charlas a dúo con outras persoas dos ámbitos artístico, literario e científico.

    Propostas:

    • Rosalía de astros. Un seguemento do ceo e a natureza na obra rosaliana.
    • Un entrelazamento: astronomía e poesía.
    • Un entrelazamento: física e poemas.
    • Esa curiosidade túa.

    Autora: Estíbaliz Espinosa

    Público obxectivo: mocidade e adultos Ler máis...

    Narracion 03

    Nace o Club Aira, a forma máis rendible de apoiar a nosa editorial

    Presentamos o novo Club Aira, que incluirá dúas modalidades de vinculación coa nosa editorial. O Club Aira xorde tras tres anos de experiencia coas Mecenas Literarias, que sosteñen desde o 2018 a colección ‘Clásicos Ilustrados’. Agora, ademais de ser mecenas, podes ser socio e beneficiarte de varias vantaxes.

    Ser socio do Club Aira permíteche obter un 25% de desconto en todos os nosos produtos de venda libre (bolsas, mapas, cadernos, pósters…). Nos próximos meses Aira editorial fará un esforzo para ofrecer máis produtos deste tipo no seu catálogo, dada a boa acollida das liñas presentadas até agora. Universos creativos como o do ilustrador Miguel Robledo ou os personaxes do Atlas da Galicia pequeniña e Historia da Galicia pequeniña contarán con novos artigos. Ler máis...

    Servizos editoriais

    Amais de publicar os nosos libros, Aira editorial pode axudarche a publicar os teus. Temos experiencia en edición comercial e persoal formado en Comunicación, Literatura e Lingua Galega. Tamén en Ilustración e Deseño.

    Contamos coas ferramentas principais para a maquetación e ilustración en calquera sistema operativo e estamos actualizados en todas as áreas, polo que podemos asesorarte no teu próximo proxecto.

    SERVIZOS

    EDICIÓN E CORRECCIÓN DE ESTILO, LINGÜÍSTICA E ORTOTIPOGRÁFICA

    Temos profesionais que poden axudarche a mellorar a túa obra de ficción, con experiencia en creación, edición e crítica literaria. Traballamos cóbado con cóbado co autor para tirar o máximo partido á súa imaxinación e historia. Relatos, novelas, poesía, ensaio, guións para cómic...

    Tamén corriximos orixinais, eliminando grallas relativas á lingua (en castelán e galego) ou ao estilo e puntuación.

    Ofrecemos servizo de consultoría artística sobre ilustración (álbum ilustrado, cómic...). Contamos con profesionais de grande experiencia na dirección de arte e na ilustración editorial.

    -Revisión de orixinais.

    -Avaliación de traballos gráficos ou de ilustración.

    -Revisión de probas de imprenta en calquera soporte informático.

    PRODUCIÓN EDITORIAL

    -Maquetación de catálogos, revistas e libros.

    -Ilustración e deseño artístico de portadas e interiores.

    -Impresión dixital baixo demanda (desde 4 exemplares).

    -Impresión ofset.

    DESENVOLVEMENTO DE CONTIDOS

    En Aira editorial podemos crear os contidos que necesites. Temos profesionais da Comunicación con experiencia en Xornalismo, Historia e Documentación.

    -Documentación para proxectos editoriais, pedagóxicos, para exposicións ou monografías.

    -Creación literaria.

    -Redacción xornalística e xestión de medios de comunicación.

    -Ilustración (libros de texto, revistas, exposicións, monografías...).

    kavafis

    Konstandinos Kavafis

    Naceu e morreu en Alexandría (1863-1933). Fillo de gregos, asistiu ao derrubamento do Imperio Otomano. De pequeno viviu tamén en Liverpool, tras a morte de seu pai. Pero con vinte e dous anos voltou a Exipto e xa nunca máis abandonaría a súa cidade natal. Está considerado un dos grandes poetas do século XX. A súa obra xa foi famosa en vida del, e el mesmo a editaba en primorosos libros e cartapacios artesanais. Dous foron os seus grandes temas: a reivindicación a través da literatura do vasto legado cultural grego ao longo dos séculos, e o amor, no seu caso un amor homosexual que sempre levou con discreción. Ler máis...

    Italiaanse schrijver Umberto Eco kop Bestanddeelnr 932 9758

    Umberto Eco

     (Alessandria, 1932-Milán, 2016).  Filósofo, medievalista, semiólogo, comunicólogo e escritor. É autor de ensaios sobre os temas que máis estudou, de gran proxección mundial e influencia académica, caso de Apocalípticos e integrados (1964), Kant e o ornitorrinco (1997), Cinco escritos morais (1998), Historia da beleza (2004), ou Historia da fealdade (2007), entre outros. Os seus libros de ficción foron todos eles inmediatos éxitos de vendas en todo o mundo: O nome da rosa (1980), co que gañou ao ano seguinte o Premio Strega; O péndulo de Foucault (1988); A illa do día de antes (1994); Baudolino (2000); A misteriosa chama da raíña Loana (2004); O cemiterio de Praga (2010) e Número cero (2015).O nome da rosa é a primeira das súas novelas traducida ao galego. Ler máis...